Unha de pizarras dixitais

¡Hola compañeir@s!

Estes días estivemos a traballar co programa Smart Notebook, que nos permite crear fichas para a pizarra dixital (PDI) e permitiunos descubrir as posibilidades desta ferramenta didáctica.

A pizarra dixital e a súa aplicación na aula

Son moitos os que pensan que a PDI non é unha verdadeira innovación e polo tanto a consideran coma unha evolución da pizarra tradicional. Pero dende o noso punto de vista é unha ferramenta didáctica máis que debemos empregar na aula porque nos permite metodoloxías máis activas das habituais. Algo semellante debeu pensar Google cando fai uns días lanzou Jamboard, unha pizarra dixital colaborativa na nube.

Esta ferramenta pemítenos traballar cuestións básicas na aula como son o pensamento lóxico-matemático, a grafomotricidade e o debuxo (a motricidade fina) ademáis de proxecto todo tipo de formato audiovisual (fotografías -que poden sacar os alumnos-, videos, contos, cancións…).

Todo isto sen esquencer que o neno pasa a ser o centro da actividade: é el que realiza a tarefa na pizarra, axudado polos seus compañeiros polo que estamos ante aspectos educativos esenciais: motivación, autoestima, autonomía e capacidade de decisión, traballo colaborativo e compañerismo entre outros moitos valores. Así pois, estamos ante un aprendizaxe competencial no que ademáis dos aspectos cognitivos se traballan cuestións tan relevantes coma son os valores e as emocións.

Todo isto sen esquencer o feito de que a PDI implica un proceso de achegamento ás novas tecnoloxías tutelado. Así, por exemplo, os rapaces poden buscar información na rede axudados polo docente o que deriva nun uso razoable das TIC.

Ademáis, a PDI pode ser moi útil para alumnos con necesidades especiais. Coa pizarra dixital pódese aumentar o tamaño dos obxectos o que redunda positivamente nos alumnos con problemas de visión. O mesmo ocorre con aqueles que teñen problemas auditivos ao poder apoiarse en representacións visuais. Aqueles que teñan problema psicomotrices poderán traballar nunha superficie interactiva de gran extensión cun lápis electrónico ou mesmo o dedo, o que mellorará os resultados.

Smart Notebook, unha ferramenta de traballo esencial para as PDI

Para poder empregar a PDI na clase é preciso que o docente traballe previamente na elaboración dos materiais dun xeito creativo para que as tarefas resulten de interese para o alumnado.

Para a realización das tarefas empregamos o programa Smart Notebook, unha ferramenta incriblemente sinxela e intuitiva que permite a creación de fichas interactivas. O certo e que se trata dun programa que nos resultou moi sinxelo e en cuestión dun par de horas tiñamos 14 actividades desenvolvidas nas que os nenos e nenas poderían ver conceptos como as cores, as letras, as distancias, os monumentos, a medios de transporte, as cultura… ¡Todo ten cabida grazas á PDI!

O certo é que un dos pasos que máis tempo nos levou foi a búsqueda de material e aínda así queremos destacar que a aplicación dispón dun banco de recursos inmeso non só de imaxes ou fondos, senón tamén de actividades predeseñadas que podemos empregar se fora necesario.

E por se o precisamos, é interesante saber que o Goberno de España a través do Ministerio de Educación elaborou un documento para a utilización didáctica da pizara dixital na etapa infantil na que da diferentes opcións de tarefas referentes ás distintas áreas de coñecemento.

No noso caso, que estamos a traballar baixo o tópico da volta ao mundo, o máis complexo da actividade foi o feito de atopar as imaxes que servirían para ilustrar cada unha das fichas. Un ha vez localizado todo o material previo, o uso do programa como comentabamos foi tremendamente sinxelo.

A nosa proposta para a pizarra dixital

A nosa proposta para a PDI
Exemplo dunha das tarefas que propoñemos para a PDI baixo o tópico da volta ao mundo. Nesta caso trátase de pór cada moneco (vestido dun determinado xeito, cun determinado cor de pel e cuns rasgos culturais concretos) no seu continente. ¡Os nenos e nenas teñen que axudar aos seus amigos perdidos na Antártida que están a pasar moito frío!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

© Imaxes das tarefas: Creative Market e Freepik

 

Advertisements

Un comentario en “Unha de pizarras dixitais

  1. Pingback: E-diario: 23 de novembro – Había unha vez…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s