Un poster dixital para viaxar ata París

¡Hola a todos!

O prometido é débeda e hoxe vimos a falarvos do poster dixital, unha ferramenta á que estamos moi acostumados (hoxe en día non hai páxina web informativa que non o empregue) que na aula de infantil pode darnos moitos xogos.

¿Que é un poster dixital?

Para entrar en materia, o poster dixital pode definirse coma un recurso multimedia que permite recoller nunha única pantalla gran número de elementos (textual, icónico, audiovisual, interactivo…). Estamos polo tanto ante un recurso hipermedia que aglutina diferentes fontes de información  dun xeito que para os nenos e nenas resulta atractivo e motivador.

Estas dúas últimas características son, dende o noso punto de vista, as claves para a confirmación de que estamos ante un recurso didáctico de gran potencial. Os contidos preséntanse coma un xogo -estamos polo tanto ante un cambio metodolóxico- no que os rapaces desenvolven as súas  competencias dixitais, comunicativas e lingüísticas.

A pesares de que estamos a falar do poster dixital como un recurso  didáctico, non podemos esquencer que tamén poder ser un mural no que expoñer as actividades feitas polos nenos nun proceso de aprendizaxe dinñámico, activo e interactivo; e mesmo coma un recurso para a avaliación.

Por suposto, para poder reproducir un póster dixital é preciso contar cunha PDI na que proxectar o producto o que nos fai pensar nas capacidades de interacción social que ofrece. Deste xeito os rapaces traballarán en equipo para seleccionar os vínculos que queren visitar, definirán o ritmo da clase e para todo isto é preciso que debatan e cheguen a acordos aplicando resolucións creativas se é preciso.

Sen lugar a dúbidas, o poster dixital presenta unhas posibilidades didácticas enormes xa que integra os contidos nun único recurso versátil, sinxelo, práctico e cunha enorme orientación visual.

Glogster vs Thinglink

Para crear os nosos primeiros posters dixitais optamos por dúas ferramentas: Glogster e Thinglink, aínda que en internet podedes atopar moitas outras. A continuación revisaremos as nosas experiencias con ambas ferramentas e deixaremosvos co poster que creamos coas nosas ferramentas (nesta ocasión viaxando polo mundo aterrizamos en París, ¿que máis se pode pedir?):

Thinglink: tras rexistrarse, a ferramenta comeza a funcionar dun xeito moi sinxelo e intuitivo en canto á creación dos puntos de anclaxe, pero nós persoalmente precisamos primeiro compoñer o poster con outra ferramenta e posteriormente empregar o programa para ubicar os vínculos.

Clica na imaxe para acceder ao poster dixital
¡Clica na imaxe para acceder ao poster dixital da nosa viaxe a París feito con Thinglink!

Glogster: é unha aplicación estupenda, moi sinxela de empregar e útil. Cando comenzas a traballer dispós dun amplo catálogo de plantillas entre as que escoller. ¡Tan só precisas subir as fotos e engadir o enlace! A única pega que le podemos pór é que é de pago, pero como diciamos esta aplicación é incriblemente cómoda e rápida para facer un producto final atractivo para os nenos. ¡Nós en menos de dez minutos tiñamos o poster dixital!

¡Preme na imaxe para ver o noso poster dixital feito con Glogster!

¡Ata o próxima entrada!

Para a realización destes carteis dixitais tomamos imaxes das plataformas FreePik, Creative Market e o Centro Pompidou.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s