E-diario: 23 de novembro

Ola a tod@!

Hoxe tivemos unha nova sesión práctica con Teresa e a verdade é que non paramos nas dúas horas de clase que tivemos.

Tras rematar o conto dixital que fixemos con StoryJumper (quedábannos un par de cousiñas por finalizar) puxémosnos coas novas ferramentas a utilizar: Calaméo e Issuu por unha banda e Photopeach e Viva Video  pola outra.

Ás plataformas Issuu e Camaleo decidimos subir as fichas que crearamos para unha PDI con Smart Notebook e foi cuestión de minutos o que tardaron en publicarse. ¡En breve prometemos entradas para explicar o proceso!

En canto a Photopeach (para ordenadores) e Viva Video (para plataformas móviles) utilizaremos ambas aplicacións para facer un percorrido polos traballos que fomos facendo ao longo do cuatrimestre. Xa temos elexidas as imaxes así que agora só queda poñernos mans á obra. Esperamos rematalo nesta fin de semana e en canto teñamos o producto final subirémolo ao blog.

Ademáis, Teresa púxonos un novo reto e para o mércores que ven: ¡temos que elaborar un guión de cine porque imos “producir” unha película coa técnica de stopmotion e toca comezar a pensar nunha nova historia! Pero mentras tanto, deixámosvos cun video que de seguro coñecedes e que foi feito xustamente con esta técnicas cinematográfica que a partires da semana que ven aplicaremos á docencia:

¡Poñémonos a traballar que queda moito por diante!

A imaxe de cabeceira foi tomada da web Freepik
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s