Publicando e compartindo

¡Ola a tod@s!

Como sabedes, a de onte foi unha clase práctica tremendamente productiva xa que probamos varias aplicacións diferentes, así que agora chega o momento de ver os primeiros resultados desa sesión.

O primeiro que Teresa nos pediu foi que probaramos as plataformas Issuu e Calaméo para a publicación de documentos dixitais. Antes de entrar a valoralas, imos explicar en qué consisten estas plataformas.

ISSUU, segundo a Wikipedia, a é un “servizo en liña que permite a visualización de material dixitalizado electrónicamente, como libros, documentos, números de revistas, xornais ou outros medios de xeito realista e personalizable”.

Pola súa banda, Calaméo defínese a sí mesmo coma “unha plataforma multidispositivo coa que a súa publicación vólvese orixinal e divertida grazas ás funcións interactivas e exclusivas para unha experiencia intuitiva de lectura”.

Como podemos comprobar, estamos polo tanto ante dúas aplicacións na nube que nos permiten subir e aloxar contidos que poderán ser visualizados dun xeito atractivo. Estas plataformas ademáis permítennos a posibilidade de compartir ese documentos que consideramos relevantes.

COÑEZAMOS AS DIFERENZAS ENTRE ISSUU E CALAMÉO

Entón, ¿onde radican as diferenzas? A primeira radica no idioma xa que Issuu é tan só accesible en inglés mentres que Calaméo conta con versión española. Pero o máis significativo radica noutro aspecto, a lo menos para nós, xa que mentras Issuu semella moi técnico (entre as súas características máis destacables son a integración a través de APIs, a posibilidade de modificacións mediante JavaScript, etc) Calaméo expresa abertamente cuestións de interese para o publico xeral (programación de publicacións, contidos multimedia, etc.).

Outro aspecto que diferenzas ambas aplicacións e que non podemos pasar por alto é a repercusión dos documentos que subamos xa que mentres Issuu alberga máis de 30 millóns de documentos e é visitada por máis de 100 millóns de persoas ao mes, Calaméo contén máis de 10 millóns de documentos (1/3 dos que aloxa ISSUU) e a pesares de que posúa 4 millóns de usuarios o certo é que son máis de 5 billóns as páxinas vistas ao longo dun ano. Este último dato terémolo en conta ou non en función do noso obxectivo final.

APLICACIÓNS DOCENTES

Ámbalas dúas aplicacións parecéronnos moi útiles posto que é unha boa forma de aloxar documentos relevantes e poder compartilos en rede con outras persoas, polo que a nivel docente estamos ante un mundo de posibilidades: podemos compartir documentos coas nais e pais e dos alumnos e alumnas, coas propias crianzas e por suposto con outros docentes na rede. Ademáis, permítenos xogar con outras ferramentas que xa vimos coma os códigos QR: ¿por qué enviar un enlace cando podemos escanear un código e descubrir qué se esconde tras el?

As dúas plataformas resultáronnos sinxelas de empregar e moi intuitivas dende o primeiro momento no que te rexistras ata o paso final: a publicación . Este último paso é o máis emocionante posto que ¡xa está todo listo para compartir o noso documento!

Para probalas, nós optamos por subir un documento pdf que xa crearamos: as fichas para a nosa pizarra dixital e a continuación podedes comprobar cómo quedaron en cada unhas destas aplicacións:

¡Grazas por lernos e ata a próxima entrada!

 

Advertisements

Un comentario en “Publicando e compartindo

  1. Pingback: Publicando e compartindo — Había unha vez… | O bal de ideas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s