Había unha vez… Un conto dixital

Ola a tod@s!

Esta semana rematamos o noso conto dixital feito con Story Jumper e a verdade é que estamos moi contentos co resultado e vai ser que tiña razón Teresa: cando empezas non podes parar, é moi adictivo!

Cómo fixemos o noso conto? As aplicacións desta plataforma na Educación Infantil

No noso caso, o primeiro que fixemos foi escribir a historia. Seguindo co tópico da volta ao mundo, elaboramos un breve guión básico para calqueira historia -inicio, nudo e desenlace- baixo o tópico que estamos a traballar nas clases prácticas: unha volta ao mundo. Ao final incluso titulamos o noso conto do mesmo xeito!

Con respecto a Story Jumper, é unha ferramenta moi sinxela de empregar e intuitiva, o que a converte nunha firme candidata para ser empregada na aula de infantil. A partires do momento no que te rexistras podes comezar a crear as páxinas que comporán o conto final e a plataforma dispón dunha amplia variedade de fondos, personaxes, cadros de texto e tipografías.

Nós optamos por misturar os recursos que facilitaba a plataforma con outros que empregamos noutras ocasión para así darlle certo aire de continuidade ao proxecto e sobre todo para que fóran máis significativos para os nosos nenos e nenas ficticios.

Como comentabamos o uso é moi sinxelo, o que facilita que os nenos e nenas poidan participan do proceso de creación do conto de xeito: unha vez seleccionas o fondo (ou o deixas en blanco), podes elixir os protagonistas -cun único click pasan a formar parte do lienzo e unha vez ahí xa os podes mover sen problemas, rotalos ou incluso darlles un efecto espello-. Cos textos pasa exactamente o mesmo, e unha vez seleccionado o cadro de texto existe variedade de cores, tipografías, tamaños, opcións de rotación, etc.

Como podedes comprobar, as posibilidades que ofrece Story Jumper son enormes!

¡Vémonos na próxima entrada!

Os Contacontos

Para a realización do contol dixital empregamos imaxes de Creative Market, Freepik e StoryJumper

 

Advertisements

2 comentarios en “Había unha vez… Un conto dixital

  1. Pingback: Había unha vez… Un conto dixital — Había unha vez… | O bal de ideas

  2. Pingback: ¡Unha curtametraxe! – Había unha vez…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s