Códigos QR

Ola a tod@s!

Ola a tod@s!

Hoxe presentámosvos os nosos códigos QR (Quick Response ou “resposta rápida”), pero… ¿qué é un código QR? Un código QR é “un código de barras bidimensional cadrado que pode almacenar datos codificados.  Ao escanear un código QR utilizando un teléfono intelixente obtense un un acceso inmediato ao seu contido. O lector de código Q,R a continuación, pode realizar unha acción como abrir o navegador web para unha URL específica”. Dito noutras palabras: é unha imaxe que ao ser descodificada permite acceder a unha información que normalmente acostuma a ser unha páxina web. Isto, sen dúbida, facilita moitas das nosas tarefas diarias.

Hoxe en día, os códigos QR pódense ver en folletos, carteis, revistas, etc, pero dende o noso punto de vista as súas aplicacións docentes son enormes posto que os nenos e nenas entenden que están ante un xogo no que descubren que se está a esconder tras esa imaxe. Estamos polo tanto ante un aprendizaxe que se leva a cabo nun entorno informal e no que as crianzas buscan esa información de xeito activo. É mais, créalos é sumamente sinxelo (cunha breve búsqueda en Internet podes atopar múltiples aplicación que permiten non só a xeración deste códigos, senón tamén a personalización) polo que eles mesmos poden seleccionar a información á que queren que accedan os compañeiros, crear o código QR e compartilo cos demais.

Os códigos QR son un recurso que na aula pode ser moi motivador que nós estivemos a practicar na clase práctica de novas tecnoloxías baixo o centro de interese “a volta ao mundo”.

¿Atréveste a coñecer qué hai detrás dos nosos códigos QR?

Agora os deixamos os nosos códigos que utilizamos para a nosa pequena volta ó mundo. ¡Buscádeos!

africa brasil

E se queredes acceder a tódolos que preparamos con motivo da nosa volta ao mundo, podedes clicar aquí.

Unha aperta,

Os Contacontos

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s