E-diario: 30 de novembro

¡Ola a tod@s!

Chega o momento de facer reflexión dun día tremendamente productivo na clase práctica de Novas Tecnoloxías. Teresa sorprendenounos hoxe traéndonos robots cos que os nenos poden xogar na aula e que aos docentes lles permite traballar cuestións matemáticas, espaciais ou psicomotricidade entre outras. Tal e como nos explicou, existen múltiples robots para a educación, e o que nós puidemos ver “en acción” foi o Escornabot. Según nos contou, aos nenos e nenas encántalles porque só con velo xa saben que se trata dun robot e ademáis ten moitas cores, o que chama o interese das crianzas.

Puidémolo tocar, programar coma farían os cativos e revisamos cal sería o traballo do profesor, que deseñaría diferentes tarefas na que o fundamental sería ademáis o traballo colaborativo. É unha ferramenta, tal e como comentou, moi útil porque ademais permite que os nenos centren moitísimo a súa atención e o docente pode estar máis pendentes daqueles que precisen axuda.

¡Agora temos que deseñar nós tarefas que poderiamos realizar nunha aula cun Escornabot! En breve veredes o resultado.

Pola outra banda, fixemos os primeiros avatares. Nós optamos por empregar Balbberize, xa vos contaremos a razón cando vos ensinemos o resultado.

Por diante quédannos algunhas cousas por rematar. Estamos traballando nun story board para unha curta da que intentaremos facer algúns planos coa aplicación para tablets PIC PAC. Iso… e rematar algúns detalliños que foron quedando ¡porque o cuatrimestre está a punto de rematar!

¡Alá imos!

A imaxe de cabeceira foi tomada da web Freepik
Advertisements

Un comentario en “E-diario: 30 de novembro

  1. Pingback: O noso primeiro Storyboard – Había unha vez…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s