¡Seguimos aprendendo! Agora, con videos

Ola a tod@s!

Esta semana utilizamos dúas aplicacións novas: Vivavideo y Photopeach e a verdade é que ámbalas dúas son fantásticas. Dun xeito moi breve poderiamos dicir que son aplicacións que nos permiten montar un video con fotografías, polo que na aula ten aplicación docentes de gran interese. Por exemplo, poderiamos recordar momentos que na aula foron interesantes como unha excursión, as festas no colexio ou mesmo os proxectos que fomos desenvolvendo ao longo do curso. Pero máis destacable que a función “recordatorio” é o feito de que nos servirá para asentar coñecementos e revisar cuestións sobre as que pudieron quedar dúbidas. A visualización destes videos aportaría polo tanto un momento de reflexión para os alumnos e alumnas.

Entre as súas aplicación existe unha diferenza fundamental e que mentres Vivavideo é perfecta para traballar tanto dende un teléfono móbil coma dende unha tablet; Photopeach emprégase no ordenador.

¿O mellor de todo? ¡É súper sinxela de empregar! Tan só tes que poner as fotos que consideres, a túa canción favorita e… ¡Listo!

Aquí deixámosvos cos videos que fixemos, nos que vos ensinamos tódolos productos que fomos desenvolvendo ata o de agora. Así que… ¡Isto é todo canto aprendimos!

captura-de-pantalla-2016-11-30-a-las-19-09-54
Fai click sobre a imaxe para ver o video realizado con PhotoPeach

E máis abaixo atoparedes o video que fixemo con Vivavideo e que a nosa compañeira Cintia publicou en Twitter:

© Imaxe principal: páxina principal da web de VivaVideo
Advertisements

2 comentarios en “¡Seguimos aprendendo! Agora, con videos

  1. Pingback: ¡Seguimos aprendendo! Agora, con videos — Había unha vez… | O bal de ideas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s