Un pouco de robótica na aula

¡Ola a tod@s!

¿Recordades que o outro día falamos de Escornabots¿Non? Pois comentamos de novo o que vimos: Teresa trouxo á clase un Escornabot, un robot para usar na aula de infantil. Sen dúbida é unha ferramenta que chamará a atención das crianzas non só pola novidade, senón porque fronte a outros robots este realmente semella o que é e ademáis ten moitísimas cores, o que xunto co movemento, será un punto de atención clave.

Este robot funciona dun xeito moi sinxelo. Posúe cinco botóns de diferentes cores de tal xeito que os catro que aparecen nos laterais actúan coma frechas -diante, detrás, esquerda, dereita- e o central ven a ser o “play”. Só con meter o código de cores correspondente, o Escornabot comeza a realizar os movementos programados e chegar dun punto a outro realizando o camiño que nós lle mandamos. O máis habitual é que o profesorado cree un taboleiro sobre o que os nenos e nenas poden xogar.

Así os rapaces primeiramente terán que tomar decisións sobre como chegar dun punto ao outro, programar o robot -o que permite traballar os números, as cores, e a orientación espacial dos rapaces ademáis da psicomotricidade- e darlle ao play para ver se a opción que tomaron era a correcta. A resposta é inmediata e permite ademáis o traballo colaborativo.

O docente pode incluir ademáis cuestións relacionadas co centro de interese que estamos traballando (por exemplo, no tema da reciclaxe podemos partir da casilla de saída “cartón” e temos que chegar ao contenedor no que deberiamos botar o lixo de papel). A clave para traballar co Escornabot está no deseño das tarefas e aquí poderedes ver un exemplo

A continuación, deixámosvos cuns videos nos que poderedes ver aos nenos e aos Escornabots en acción. ¿Non é incrible as posibilidades que ten este aparello?

Imaxe principal: cabeceira da web de Escornabots

 

 

A partires de ahí, a docente só ten que crear o tableiro sobre os números, as cores, a capacidade espacial, permite a toma de decisión e a comprobación

Advertisements

Un comentario en “Un pouco de robótica na aula

  1. Pingback: Un pouco de robótica na aula — Había unha vez… | O bal de ideas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s