O noso primeiro Storyboard

Ola a tod@s!

Estamos de volta e cunha novidade importante: estivemos a traballar no noso primeiro storyboard porque, como xa vos comentamos a través do noso e-diario, imos realizar unha curtametraxe coa aplicación Pic Pac que nos recomendou Teresa, a profesora encargada da parte práctica na asignatura Novas Tecnoloxías.

Temos que admitir que nun primeiro momento pareceunos algo imposible, pero foi cuestión de reunirnos e poñernos e as ideas comezaron a sair dun xeito moi fluido. Finalmente, e tendo en conta que durante todo o cuatrimestre traballamos baixo o tópico da volta ao mundo, optamos por facer unha historia que puideramos relacionar e así xurdiu o noso guión: “Unha viaxe ás antípodas”.

A través desta curtametraxe, podemos comprobar como os rapaces e rapazas mostran as súas primeiras dúbidas con respecto ás antípodas: ¿camiñarán coas mans en Nova Zelandia? Porque camiñar de pé vivindo ahi abaixo no semella moi sinxelo.. Polo que os nosos rapaces comenzan a cavar un túnel que os levará a atravesar o planeta Terra e chegar ata Oceanía e máis concretamente ata os país dos kiwis e a cultura maorí para, finalmente caer na conta de que se eles se manteñen de pé son problemas, os habitantes das antípodas tamén poden facelo.

A continuación preparamos o noso story board, que podedes ver a continuación. ¡Non é gran cousa, pero estamos moi orgulloso@s!

storyboard

Agora comezaremos a traballarna nosa curta e a pesares de que somos conscientes de que é moi probable que non teñamos tempo suficiente a rematalo, intentaremos facer uns cantos planos para poder facer unha reseña da aplicación que imos empregar: Pic Pac, que nos permitirá traballar a técnica do stop motion.

Luces, cámara… ¡acción!

Advertisements

2 comentarios en “O noso primeiro Storyboard

  1. Pingback: O noso primeiro Storyboard — Había unha vez… | O bal de ideas

  2. Pingback: ¡Unha curtametraxe! – Había unha vez…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s