¡Luces, cámara, acción! A nosa primeira “curta”

¡Ola a tod@s!

Xa non queda nada para rematar o cuatrimestre, e hoxe queremos presentarvos a última actividade práctica da asignatura Novas Tecnoloxías:  a nosa primeira mini-curtametraxe, que titulamos “Unha viaxe ás antípodas”. Son moi poucos segundiños como veredes a continuación, pero ¡a verdade é que nos encanta o resultado!

2016-12-19-gif-00000826

Como saberedes, fai un tempo estivemos a traballar no noso primeiro storyboard. Posteriormente, decidimos  como iamos obter as diferentes imaxes que compoñen a nosa “película”. Nós decantámonos por facer a montaxe a através de Photoshop, o que nos permitiría “traballar” con eses monecos e monecas que, ata o de agora, representaran á nosa clase (só temos que recordar os rapaces e rapazas que protagonizaran o noso conto dixital buscando á súa mestra ao redor do mundo) e pouco a pouco creamos os diferentes planos que comporían a nosa “curta”.

Unha vez tiñamos os máis de 20 planos, pasamos a probar a aplicación PIC PAC; unha aplicascreenshot_20161219-192616ción que resultou moi sinxela e intuitiva no seu uso. Ao abrila atopamos varios exemplos de videos e gifts xa feitos coa aplicación, o que é moi motivador, e posteriormente é cando xa podes facer a túa montaxe (destacar que a aplicación permíteche escoller entre diferentes opcións: crear un video con fotos da galería, con fotos que tomas no momento, etc). Despois de trastear un pouco entre as diferentes posibilidades para probala un pouco máis, seleccionamos as nosas imaxes e a partires de ahí ¡coser e cantar!: escollemos a velocidade na que van a pasar as imaxes, elixes o formato (nós decantámonos polo gif) e o resultado podes gardalo na memoria da túa tablet ou teléfono para compartilo.

O certo é que estamos ante unha aplicación moi sinxela, o que facilita poder empregala na aula de infantil, pero consideramos que ten moitísimas opcións cos nenos e nenas máis pequenos posto que teñen a oportunidade non só de actuar coma productores de cine (o que nos daría para ter cámaras, guionistas, directores, actores e actrices…) senón porque de súpeto os rapaces son quen de darlle vida ás súas historias. ¡Algo que resulta tremendamente motivador e que nos abre un abano de posibilidades na escola! ¿Imaxinas crear un festival de curtas?

Unha forte aperta,

Os contacontos.

Tódalas imaxes empregadas para esta curtametraxe pódelas atopar en Freepik excepto a de Nova Zelandia (Hobbiton), que está na Wikipedia
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s